Abre a terceira convocatoria de axudas O teu Xacobeo

Conta con 1,5 millóns de euros para distribuír entre empresas e entidades non lucrativas

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a convocatoria da nova xeira da liña de axudas O Teu Xacobeo, que promove a Xunta para apoiar proxectos nos ámbitos "artístico, gastronómico, de patrimonio, de pensamento e espiritualidade e deportivo". A convocatoria conta cun orzamento total, de 1,5 millóns de euros, que se reparten en 500.000 euros para empresas e o resto para entidade non lucrativas.

A convocatoria abrangue proxectos de ámbitos como as artes visuais, deseño e moda, cinema e documental, música, artes escénicas, patrimonio material e inmaterial, cultura científica e editorial, torneos, eventos deportivos especiais, actividades ao aire libre, programas de voluntariado ou programas sociais e educativos no campo da igualdade, a inclusión social e a participación cidadá.

As entidades privadas poderán solicitar axudas de ata un 60% do orzamento, cun máximo de 18.000 euros. Pola súa banda, as entidades sen ánimo de lucro, poden optar a axudas de ata 15.000 euros que supoñan ata un 90% do orzamento. As persoas e colectivos interesados teñen ata o vindeiro 16 de abril para realizar as súas solicitudes.

A primeira convocatoria destas axudas contou cun orzamento total de 4,7 millóns, e a segunda, para 2020, con 3,3. Na actual xeira desaparece o apartado destinado a concellos, que podían optar ás anteriores.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xacobeo, Artes Escénicas, Documental, Igualdade...