O Diario Oficial da comunidade recollÃa o venres a resolución da Axencia de Turismo de Galicia de convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia competitiva de proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 2021, O Teu xacobeo. Esgotado o orzamento de 4,7 millóns de euros da primeira edición, polo que se deu apoio a máis de 300 proxectos, dos cales o 41% xa se realizaron ou están en marcha neste momento, a Xunta presenta unha nova convocatoria dotada con 3,3 millóns de euros, na que leva a cabo algúns cambios con base a experiencia obtida da anterior e que serve en exclusiva para apoiar as accións que se celebren entre o 1 de maio de 2020 e o 30 de abril de 2021, reforzando a visibilización do Xacobeo nese perÃodo. Entidades locais, pemes e particulares e entidades sen ánimo de lucro serán de novo as destinatarias desta liña de axudas.
O adiantamento a novembro da publicación desta convocatoria xa é unha das distincións respecto a anterior, que se presentaba en xaneiro. A posibilidade de adiantar asà tempo no proceso de valoración de iniciativas para dar resposta máis pronto aos proxectos presentados está detrás deste adianto. Por outro lado esta resolución deixa fóra da posibilidade de acceder a estas axudas ás entidades locais de máis de 50.000 habitantes, concentrándose nos concellos menores a ese tamaño demográfico e simplificando a liña relativa a eles nun só conxunto. Ademais diso procedeuse a un reaxuste da dotación económica levando o peso orzamentario ás axudas para proxectos de entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro, como fundacións, asociacións e ONGs ás que se dedican 1,8 millóns do orzamento consignado. O obxectivo é descentralizar a celebración do Ano Santo para que chegue a todos os concellos e incentivar a participación cidadá. Os criterios de valoración de proxectos tamén sofren certas variacións respecto á convocatoria inicial de O Teu xacobeo, en base á experiencia obtida no proceso, segundo explicou no Culturgal Cecilia Pereira, comisaria do Xacobeo 2021 E conselleira delegada da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo.