A Xunta subvencionará 352 proxectos no marco do programa 'O teu xacobeo'

Realizarase un investimento autonómico de 4'7 millóns de euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Das 652 propostas que recibiu a Xunta para o programa 'O teu Xacobeo', finalmente foron seleccionadas 352 en máis dun cento de concellos. De feito, a Xunta decidiu ampliar o investimento previsto para esta acción dos dous millóns iniciais a un total de 4,7 millóns. A convocatoria estaba dividida en tres liñas de axudas. 80 proxectos irán para as peticións de concellos, deputacións e mancomunidades, orientadas a innovación e na promoción de artistas ou creadores galegos. Terá un investimento dun millón de euros. A segunda das liñas aprobou 89 proxectos de particulares e pemes, outorgando en total 1'5 millóns de euros para proxectos de "desenvolvemento rural, o impulso de talento emerxente ou o fomento da igualdade" e a terceira das liñas A terceira liña, para entidades sen ánimo de lucro, concedeu 183 proxectos, con case 2,5 millóns de investimentod a Xunta. Segundo a Xunta, o investimento promoverá a máis de 210 artistas galegos e máis de 150 dos proxectos van dirixidos especificamente para público xove.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xacobeo, Igualdade, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)