Logo de adiantar o pasado sábado 12 de xuño as cifras xerais da resolución da convocatoria a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica fixo público no seu web a listaxe de proxectos que reparten as axudas do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22. Esta iniciativa, que incrementou os seus fondos de 2,5 a 3 millóns de euros, apoiará nesta xeira un total de 260 proxectos. Destes, 130 corresponden a iniciativas dixitais, a comprender "documentais, audiovisuais e produtos pensados para a súa proxección nas redes sociais". Arredor doutro corenta por cento das propostas seleccionadas son actividades de carácter presencial, entre as que teñen maior protagonismo aquelas orientadas á se desenvolver ao aire libre.
Estas inclúen concertos, representacións teatrais ou exposicións que comezarán xa neste mesmo verán e que comprenden un milleiro de actividades, segundo adiantou a Xunta. A terceira das liñas comprendidas nesta liña cobre unha trintena de propostas entre "edicións de libros, discos e todo tipo de realizacións en formato fÃsico" que a Xunta adquire "para proceder a súa distribución e colocalos en lugares de referencia como poden ser bibliotecas públicas ou centros de ensino".
Nesta segunda convocatoria do programa incrementáronse as contÃas máximas das axudas, de xeito que as concedidas a empresas e entidades con persoal contratado pasan 10.000 a 15.000 euros, mentres as concesións unipersoais acadan os 6.000 fronte aos 4.000 da anterior edición.
Entre as propostas que contan co apoio máximo da convocatoria atópanse representacións das últimas obras de Caramuxo Teatro, Teatro do Noroeste, A PanadarÃa, Excéntricas ou Elefante Elegante coa súa versión de Romeo e Xulieta. O concerto de despedida de Fulgor, de Budiño, con banda especial, convidados e a gravación dun videoclip e actuacións de Ailá ou de Queiman tamén recibirán cadanseus 15.000 euros, mentres no campo de publicacións, foron seleccionadas propostas como unha obra sobre 40 anos de moda en Galicia.
Canda a estas, a listaxe recolle dentro das iniciativas que reciben maior apoio actuacións de David Perdomo, Berrobambán, Festicultores. Wöyza, Ruxe Ruxe ou Xoán Curiel, asà como o proxecto "A literatura galega nas súas voces" da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega ou proxeccións na rúa dunha selección de filmes galegos entre moitas outras iniciativas.