Comezan os traballos para delimitar novas rutas xacobeas

A Xunta licita os contratos para investigar o trazado do camiño de inverno e do portugués da costa

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

En breve comezarán os traballos de investigación para delimitar o Camiño de Inverno e mais o Portugués pola Costa a Santiago. A Consellaría de Cultura convoca hoxe a contratación dun estudo para documentar o trazado histórico destas vías de peregrinación. Dotado con 45.000 euros, o contrato comprende os traballos de documentación "textual, cartográfica, arqueolóxica e etnolóxica ou doutras naturezas" que permita establecer o percorrido destes camiños. Ademais, recollerase tamén a información sobre o uso destas vías, a orixe dos peregrinos que as empregaban ou a súa evolución histórica, recollendo tamén as rutas sinalizadas actualmente por diferentes colectivos.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Peregrinos baixo as vides

Peregrinos baixo as vides

A reivindicación do Camiño do Ribeiro acumula probas históricas desta ruta de peregrinación

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugués

Claves

Conceptos