Guía para peregrinos por onda o mar

O Concello da Guarda publica na rede o itinerario do Camiño Portugués da Costa

| Santiago. Redacción | Seccións: XacobeoCamiño de Santiago
Compartir:
Guía para peregrinos por onda o mar

O trazado do Camiño Portugués da Costa, recoñecido pola Xunta como ruta oficial de peregrinación, está por fin dispoñible na rede. O Concello da Guarda adiantouse á propia Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo e dispoñibiliza para Google Maps e Google Earth as etapas desta vía desde Viana do Castelo ata Compostela. Segundo explican desde o Concello, técnicos contratados polo Xacobeo visitaron a comezos deste ano a zona para delimitar o percorrido do roteiro. A coincidir coa celebración dunha peregrinación para reivindicar este trazado, o goberno local decidiu subir ao seu web este percorrido completo. De cara a vindeiras datas, anúncianse novas accións de promoción da vía. Achegámosche o percorrido desta vía desde Viana ata Pontevedra, por onde xa se une ao Camiño Portugués, para Google Earth.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Peregrinos baixo as vides

Peregrinos baixo as vides

A reivindicación do Camiño do Ribeiro acumula probas históricas desta ruta de peregrinación

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camiño Portugués, Google, Xacobeo, Guía...