A Xunta apoiará a posta en valor do Camiño do Ribeiro

O delegado do Goberno Autonómico en Ourense buscará implicar os concellos no proxecto

| Santiago. Redacion | Seccións: sociedade
Compartir:

A recuperación do Camiño de Peregrinación do Ribeiro, reivindicada desde hai varios anos polo colectivo Castela Auriense, entre outros, recibiu onte un importante pulo. O delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, comprometeu o seu apoio para a posta en valor deste trazado de cara ao vindeiro Xacobeo. O delegado reuniuse coa Encomenda do Camiño Xacobeo do Ribeiro, un colectivo que representa asociacións e concellos que comparten a reivindicación desta ruta de peregrinación. Martínez anunciou o seu interese en involucrar os gobernos locais da zona nos traballos de posta en valor, que incluirán delimitación, sinalización e promoción da vía.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Peregrinos baixo as vides

Peregrinos baixo as vides

A reivindicación do Camiño do Ribeiro acumula probas históricas desta ruta de peregrinación

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Xacobeo, Asociacións, Castela

Claves

Lugares