A Xunta inicia este mes a delimitación do Camiño de Inverno

Ao tempo o PP solicita o recoñecemento do Camiño do Mar

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A anunciada delimitación do Camiño Xacobeo de Inverno, que transcorre polas proximidades da Ribeira Sacra, comezará este mesmo mes. Os técnicos de Patrimonio visitarán a comarca de Valdeorras para definir o trazado desta ruta, empregada polos peregrinos para evitar os rigores das montañas nos meses de máis fríos. Ao tempo, o PPdeG presentará unha iniciativa no Parlamento para que se recoñeza de xeito oficial a ruta chamada Camiño do Mar. Esta vía de peregrinación conta, segundo cos representantes do partido, con fundamentos históricos e comeza en Ribadeo para se unir ao Camiño Inglés en Neda.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Peregrinos baixo as vides

Peregrinos baixo as vides

A reivindicación do Camiño do Ribeiro acumula probas históricas desta ruta de peregrinación

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xacobeo, Valdeorras, Ribeira Sacra, Ribadeo

Claves

Conceptos