A nave esquerda da catedral de San Martiño de Mondoñedo, en Foz, coñecÃase como Nave dos Peregrinos, xa que alà se enterraban estes camiñantes. Esta é só unha das pistas que amosan a existencia dunha ruta de peregrinación que trancorrÃa entra Ribadeo e Neda, onde conectaba co Camiño Inglés a Compostela. A coincidir co Ano Xacobeo, medran as reivindicacións para se oficializar este vieiro.
Hai xa anos que o historiador Juan Ramón Fernández Pacios, actual responsable do Centro de Interpretación do Camiño Norte, en Mondoñedo, está a investigar o denominado Camiño do Mar no tramo que vai entre Ribadeo e Viveiro. Canda a el, Xosé Carlos Breixo RodrÃguez aborda o tramo entre Mañón, Ortigueira e Cedeira. A ruta percorrerÃa, segundo os seus estudos, os concellos de Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, Ortigueira, Cedeira e Neda.
AÃnda en pleno século XVII, en 1641, cando eran horas baixas para a peregrinacións, se fundou un hospital en Lieiro. Do mesmo xeito, outro hospital fundado en 1643 en San Clodio contempla como un dos seus obxectivos acoller peregrinos “e non ten sentido iso fóra dunha ruta de peregrinación”.
Outro dos argumentos que apoian a idea da existencia dunha ruta de peregrinación atópaa este investigador nas pragmáticas, ordes reais que mandaban que toda persoa que peregrinase fóra das rutas oficiais fosen condeados a galeras. “Se aparecen partidas de defunción nas que consta xente como peregrinos, iso indica que teñÃa que haber un camiño recoñecido que permitise facer esa peregrinación, senón esa xente quedarÃa detida”.
Segundo explica este investigador, aÃnda han aparecer novos restos. “As investigación de Breixo RodrÃguez verifican que en 1692, por exemplo, o secretario de Ortigueira di que a vila `era un lugar moi pasadeiro de persoas que van San Andrés de Teixido e ao noso Señor Santiago´. En 1585 o rexedor de Viveiro di exactamente o mesmo da súa vila, pero desta volta, ademais de a Santiago os peregrinos Ãan tamén a San Salvador de Oviedo”, lembra Fernández Pacios. Esta última conexión coincide ademais coa que realizaba o Camiño Norte, xa recoñecido. “Antes a xente adoitaba aproveitar outra ruta para voltar na que puidesen aproveitar para visitar outros santuarios, xa fose a buscar indulxencia ou caridade”, explica a sinalar estes vencellos entre diferentes santuarios.
Ausencia de investigacións históricas
Encol do esquecemento no que se atopaba esta ruta, o historiador considera que, en xeral, está relacionada coa falta de investigacións históricas na comarca da Mariña. “Eu comecei con isto no 93, cando estaba a investigar a historia de Foz e atopei o rexistro de dous peregrinos mortos alÃ. A raÃz de alà comezaron a aparecer outras referencias en Ribadeo ou Viveiro, e tamén dun hospital de peregrinos en San Martiño de Mondoñedo”.
A ausencia de restos fÃsicos destacados pode ter sido unha das causas que levaron ao esquecemento desta ruta. Segundo recoñece Fernández Pacios, “quédannos dúas capelas”. Tanto o hospital documentado en Ribadeo como o que estaba situado onda o ábside de San Martiño de Mondoñedo foron derrubados a mediados do século XIX.
A liña de investigación que leva agora Fernández Pacios está a tentar verificar o percorrido desta ruta. “Estou a buscar fincas que limiten no século XVI co que chamaban `Camiño Francés´ que viña sendo o equivalente a un camiño real e que serÃa a ruta de peregrinación. Se temos en conta que o habitual era que estas vÃas pasasen preto das igrexas, o máis probable é que hoxe en dÃa teña por riba unha estrada”.
A reivindicación desta ruta recibÃa, aÃnda a finais do pasado mes de febreiro, un novo apoio co compromiso de dous parlamentarios do PP de solicitar o seu recoñecemento como ruta oficial mediante unha proposicion non de lei. Canda a eles, tamén están a insistir neste punto a asociación Aturmar, que agrupa establecementos de turismo rural na comarca. Precisamente a pasada semana, o primeiro congreso desta entidade reivindicaba o recoñecemento da ruta xacobea para este mesmo ano, xa que consideran que agardar ata o vindeiro ano santo, en 2021, suporÃa perder unha importante oportunidade de promoción. No entanto, as dificultades que se están a dar á hora de delimitar, sinalizar e equipar axeitadamente as rutas xacobeas farán difÃcil que este soño se faga realidade en breve.