Unha asociación reivindica o camiño de peregrinación Miñoto-Ribeiro

O proxecto Pegadas recolle información sobre a ruta nos concellos polos que transcorre

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Unha asociación reivindica o camiño de peregrinación Miñoto-Ribeiro

Un camiño de peregrinación que partía de Portela do Home e atravesaba Padrenda, Pontedeva, Cortegada, Arnoia e chegaba por Beade ata Forcarei e de alí a Santiago de Compostela. Esta é a ruta que quere documentar e oficializar a asociación Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro. No marco desta iniciativa o colectivo, en colaboración coa Universidade de Vigo, acaba de pór a andar o proxecto Pegadas. Esta proposta pretende recoller en todos os concellos polos que transcorre a ruta información sobre restos e lembranzas arredor do fenómeno da peregrinación na zona en colaboración coa poboación local.

Segundo sinala Lourdes Maceiras, coordinadora do proxecto, a ruta era empregada, entre outros polos leprosos que peregrinaban a Compostela, o que queda reflectido nos restos de hospitais e lazaretos que se conservan ao longo do camiño.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Peregrinos baixo as vides

Peregrinos baixo as vides

A reivindicación do Camiño do Ribeiro acumula probas históricas desta ruta de peregrinación

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xacobeo, Universidade de Vigo, Forcarei, Santiago de Compostela...