O Concello da Coruña adquire a Casa Carré

O singular inmoble modernista albergará dotacións públicas

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Un acordo da Xunta de Goberno do Concello da Coruña aprobou, este 12 de xuño, a adquisición da Casa Carré. Este singular edifico modernista pasa a mans municipais por un prezo de 459.619,14 euros, e pasará a acoller un centro municipal para o barrio de Eirís, mentres a finca anexa á vivenda se transformará nun parque.

A casa, deseñada en 1942 polo arquitecto Rafael González Villar, un dos máximos expoñentes do modernismo e o art nouveau da Coruña, foi fogar do escritor Uxío Carré, fillo de coñecido Eugenio Carré Aldao, fundador da histórica tertulia A Cova Céltica. Segundo o informe do Concello, a vivenda posúe un importante valor histórico e cultural.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello da Coruña, Uxío Carré

Claves

Protagonistas