A Xunta inicia os trámites para declarar BIC a Terraza de Sada

O edifico modernista construíuse hai cen anos

18/5/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Fachada dianteira da Terraza de Sada

A Terraza de Sada, coñecido edifico modernista que identifica esta vila coruñesa, pode ser declarado Ben de Interese Cultural. Segundo recolle La Opinión, a Xunta de Galicia iniciou os trámites previos para lle outorgar este recoñecemento, que se sumaría ao que xa ten como Monumento Histórico Artístico. O conxunto, construído en 1912 na Coruña, trasladouse á súa actual ubicación en 1920, e xa vira incoado un expediente para a súa declaración BIC en 1975 que non chegou a se completar. Deste entón víñanse sucedendo as voces que reclamaban a súa inclusión nos bens protexidos con esta figura.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sada, Ben de Interese Cultural, La Opinión, Xunta de Galicia...