A terraza de Sada consegue a declaración de Ben de Interese Cultural

O novo status obrigará a abrir o edificio ao público

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
A Terraza. Fotografía de Turismo de Galicia.

A Terraza. Fotografía de Turismo de Galicia.

Case dous anos despois do comezo do expediente, o Consello da Xunta celebrado este 30 de xaneiro aprobou a declaración como Ben de Interese Cultural do edificio da Terraza, en Sada. Segundo adianta o goberno galego, o recoñecemento responde aos seus "valores culturais e representa un caso único de conservación entre os inmobles modernistas desta tipoloxía e función, de asueto e lecer, na Comunidade Autónoma".

O pavillón foi construído orixinalmente nos coruñeses Xardíns de Méndez Núñez en 1912 e chegou á súa localización actual en 1919, e supón un exemplo dos pavillóns ou quioscos modernistas típicos dos
anos 20. O seu novo status obrigará a que se facilite o acceso a visitantes un número mínimo de catro días ao mes durante, polo menos, catro horas ao día. A declaración entrará en vigor logo da súa publicación no DOG.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, Sada, Goberno Galego, Xardíns de Méndez Núñez