Vigo incorpora o Pazo da Raposeira aos bens municipais

O goberno local prevé darlle un uso social ao conxunto

4/6/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Concello de Vigo recibía onte as chaves do Pazo da Raposeira, do século XVII, co que o edificio pasa a facer parte do patrimonio municipal de xeito pleno. O alcalde, Abel Caballero, sinalou que a súa intención é dedicar este espazo a usos sociais ou culturais, apuntando o seu uso como sede dunha entidade benéfica. Desde a Asociación de Amigos dos Pazos apuntouse a posibilidade de que o espazo acolla un museo dedicado a este tipo de construción ou mesmo un arquivo histórico. Aínda que ata o momento permanecía fechado e en usufructo da familia dos antigos propietarios, o conxunto pasara a mans municipais nos anos 80. Este é o segundo pazo en mans do goberno local, canda ao de Castrelos.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Abel Caballero, Concello de Vigo, Castrelos

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares