Discrepancias no concello de Vigo sobre o uso do antigo Reitorado

O Museo é a última das infraestruturas culturais proxectadas na cidade olívica

18/8/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Á falta de que chegue o informe que o concello de Vigo encargou para potenciar as redes museísticas da cidade, as diferenzas entre os dous socios de goberno (socialistas e nacionalistas) céntranse nos usos para o antigo Reitorado. Os nacionalistas optan por instalar alí unha pinacoteca que acolla os fondos do Pazo de Castrelos da arte galega e o leigado de Policarpo Sanz; mentres, os socialistas opta por convertelo en sede de asociacións, xa que existe unha ampla demanda deste tipo. A finais de setembro, cando se prevé que se coñeza o contido do informe encargado, o grupo nacionalista pronunciarase sobre o uso do antigo edificio universitario, o último en recuperarse para usos culturais na cidade de Vigo, logo de desbloquearse a construción do auditorio.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Concello de Vigo, Cidade Olívica, Asociacións...

Claves

Entidades
Conceptos