O Concello da Coruña asegura que só o Instituto José Cornide se desprazará ao Goberno militar

O CGAI estaba incluído nun borrador inicial

9/9/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O edil de Infraestruturas da Coruña, Martín Fernández Prado, respondeu a unha pregunta do grupo municipal do BNG sobre os usos culturais que albergará o antigo Goberno Militar, un edificio ubicado na zona vella. O municipio xa explicara noutros momentos o interese en que este gran edificio acollera usos culturais e sociais, pero Martín Fernández asegurou que polo momento só está previsto acoller o Instituto de Estudos Locais José Cornide. No borrador inicial do plan sinalábase tamén a mudanza doutras institucións culturais coma o CGAI, a Biblioteca de Estudos Locais ou algunha das Academias radicadas na Coruña.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, CGAI, Concello da Coruña, BNG

Claves

Lugares