Rafael García Ferreira faise co premio Vicente Risco de Ciencias Sociais

Gañou cun traballo sobre a folga xeral de 1934 en Compostela

10/6/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

En outubro de 1934 a Segunda República afrontou un dos seus momentos máis decisivos, durante a folga xeral revolucionaria da cal os seus focos de rebelión máis importantes foron Cataluña e Asturias. Pero a folga tamén afectou a boa parte do territorio estatal, e Santiago de Compostela non foi unha excepción. Pola investigación ao redor destes feitos o historiador Rafal García Ferreira gañou o XXVIII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais co traballo "Outubro de 1934 en Compostela. Mobilización, consecuencias políticas e represión", do que o xurado valorou ser "un ensaio rigoroso, argumentado e cun bo dominio das fontes, cunha temática e estudo de caso de interese e actualidade, dado que se aborda un período histórico complexo, con elementos que poden ter certas conexións coa actualidade".

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vicente Risco, Ensaio, Segunda República, República...