O Concello de Vigo "mellorará, ampliará e reorganizará todos os espazos culturais municipais" no marco dun novo Plan Estratéxico de Cultura. Asà o anunciou esta semana o alcalde, Abel Caballero, que adiantou que algunhas das liñas estratéxicas destacadas deste proxecto son a mellora da identidade visual e das canles de comunicación nesta área, asà como "a reconfiguración dos museos, con segmentación e especialización para reforzar a súa singularidade", segundo sinala o web municipal.
Canda a isto, o consistorio adianta a creación de "programas educativos para a comprensión didáctica e participativa ou o reforzo da programación de exposicións temporais para favorecer a participación de diferentes axentes culturais". O futuro plan incidirá tamén na conservación preventiva de edificios e coleccións e a potenciación da investigación e transferencia de coñecemento a través de conferencias, ciclos e xornadas, entre outros. Tamén se prevé un incremento dos horarios de apertura dos museos da Rede Municipal.
Caballero sinalou ademais que na actualidade o goberno municipal está a desenvolver traballos nas bibliotecas Neira Vilas e Juan Compañel, ademais de na Casa das Artes e na Casa Galega da Cultura. Do mesmo xeito, enmarcou neste Plan Estratéxico o investimento en novos espazos da Pinacoteca, asà como do Verbum, do Pazo de Castrelos, da Casa das Artes e do Auditorio Municipal. Segundo cifrou o alcalde, para este ano está previsto un investimento de 1.143.000 euros nas bibliotecas e outros 2.900.000 nos museos.