O concello de Vigo relanzará o Verbum con cargo a fondos Feder

Fai parte do plan de museos que se aprobará neste mes

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A finais deste mes, o concello de Vigo aprobará o primeiro Plan de Museos de Vigo, un documento que contén as directrices do que serán os centros municipais desta natureza. Faro de Vigo asegura hoxe que o Verbum manterá o seu perfil divulgativo e a palabara seguirá sendo o eixe do seu traballo. O informe, redactado por unha consultora catalá, avoga por dotar ao centro dun plan museolóxico. Segundo ese mesmo medio, o concello tentará reflotalo cun investimento que irá no 70% financiado con fondos FEDER. Lonxe queda a proposta dunha empresa galega de reorientar o uso do edificio cara a arqueoloxía aproveitando o seu emprazamento próximo a Toralla e ao Museo do Mar. Ademais, un xestor encargarase de coordinar toda a rede municipal de museos, aos que se incorporarán os dous novos centros en marcha (a pinacoteca e o Centro Galego de Fotografía).

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A forma do Verbum

A forma do Verbum

A Casa das Palabras de Vigo busca definirse cun novo plan museolóxico

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Feder, Concello de Vigo, Verbum...