O Plan de Museos de Vigo propón facer no Verbum un museo arqueolóxico

O texto, pendente de aprobación, foi elaborado por unha consultora a petición do Concello

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O museo vigués Verbum-Casa das Palabras, amplamente criticado e reformado desde a súa creación en 2003, podería vivir en breve unha nova reorientación. Segundo publicou Faro de Vigo esta fin de semana, o Plan de Museos da cidade, que elaborou a consultora Alicerce a petición do goberno local, prevé que o espazo se transforme nun centro arqueolóxico. O plan, pendente de aprobación, sinala que non é compatible que o pazo Quiñones de León albergue a un tempo a exposición pictórica e mais a arqueolóxica, e apunta o Verbum como localización máis axeitada para amosar os restos históricos que ata o momento descansan naquel lugar.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Verbum, Museos, Faro de Vigo, León...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares