Co título O futuro dun legado. Encontro do asociacionismo cultural galego a cen anos do SEG, o Museo do Pobo Galego reúne este sábado 1 de xuño unha trintena de asociacións. A iniciativa, que quere fechar os actos de conmemoración dos 100 anos da creación do Seminario de Estudos Galegos, conta coa participación de "asociacións das catro provincias galegas que están a traballar en investigación e divulgación de diferentes ámbitos do patrimonio galego: científico, cultural, histórico, territorio, patrimonio inmaterial...".
O encontro preséntase como "unha xornada de intercambio e reflexión colectiva, para afondar nas posibles solucións aos desafíos que xorden na xestión dos proxectos, para analizar e fomentar as relacións entre o tecido asociativo, veciñanza e patrimonio; e para celebrar conxuntamente o traballo que se está a facer desde o tecido asociativo".
Do mesmo xeito, a actividade pretende "poñer en valor o traballo das asociacións que, de maneiras diversas e desde distintos puntos do país, continúan aquel labor iniciado polo SEG". Anúnciase ademais que servirá de punto de partida para "abrir vías de intervención e de participación directa da sociedade nun Museo do Pobo Galego que é tamén froito do traballo asociativo".
Listaxe de asociación que participan no encontro O futuro dun legado
ADEGA Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, Santiago de Compostela (A Coruña)
Agrupación Astronómica Coruñesa ÍO, A Coruña (A Coruña)
A Sega, plataforma feminista de crítica literaria, Santiago de Compostela (A Coruña)
Asociación Cultural A Caniceira, A Pobra de Trives (Ourense)
Asociación Gaiteirxs Galegxs, Cerdedo-Cotobade (Pontevedra)
Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, Melide (A Coruña)
Asociación Cultural Prestadora de Servizos Á Xuventude Pesquedellas, Betanzos (A Coruña)
Asociación Cultural O Galo, Santiago de Compostela (A Coruña)
Asociación O.R.A.L. de Galicia, Vigo (Pontevedra)
Asociación Cultural Os Penoucos, Valga (Pontevedra)
Asociación Río Miño Natureza Ignacio Gago, Arbo (Pontevedra)
Asociación Cultural Trépia, Pontevedra (Pontevedra)
Associaçom cultural A Gentalha do Pichel, Santiago de Compostela (A Coruña)
Ateneo Ferrolán, Ferrol (A Coruña)
Buxa. Asociación Galega do Patrimonio Industrial, Ames (A Coruña)
Colectivo A Rula. Asociación cultural de divulgación e protección de arte rupestre, Teo (A Coruña)
Clara Corbelhe, Santiago de Compostela (A Coruña)
Club Cultural Valle-Inclán, Lugo (Lugo)
Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), Vilalba (Lugo)
Instituto de Estudios Vigueses (IEV), Vigo (Pontevedra)
Instituto de Estudos Bergantiñáns (IEB), Carballo (A Coruña)
Instituto de Estudos Ulloáns, Monterroso (Lugo)
Instituto de Estudos Miñoráns, Gondomar (Pontevedra)
Ponte nas Ondas!, Vigo (Pontevedra)
PuntoGal, A Coruña (A Coruña)
Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte, Vimianzo (A Coruña)
Sociedade Xuvenil Galega de Química, Santiago de Compostela (A Coruña)