Máis de cincuenta entidades botan a andar a Rede do Patrimonio Cultural

Trátase dunha ferramenta de comunicación e acción interna

5/6/2017 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
2 lecturas | Compartido 0 veces

Representantes das asociacións presentes na xuntanza. Foto: Sole Felloza

Máis de cincuenta entidades culturais e patrimoniais de toda Galicia, desde grupos culturais de carácter local ou comarcal, equipos de investigación universitarios e asociacións de carácter profesional, abriron o proceso para a creación da Rede polo Patrimonio Cultural Galego. Trátase dunha unha ferramenta cuxo principal obxectivo será velar pola protección, a divulgación e a defensa do patrimonio cultural do país. 33 delas estiveron presentes na xuntanza fundacional da Rede no museo do Pobo Galego este sábado 3 de xuño. Nas vindeiras semanas, as asociacións que refrenden os acordos tomados constituirán xa formalmente esta Rede de Patrimonio Cultural. A rede servirá "coma un instrumento de axuda e unha ferramenta de difusión das actividades de todas as asociacións e entidades que participan dela e tamén para promover accións e campañas en defensa do noso patrimonio cultural en ámbitos institucionais, sociais e territoriais aos que a cada unha destas entidades, por si soas, lles resulta difícil acceder".

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Conceptos