As asociacións culturais celebran o Día Mundial do Patrimonio

A Rede do Patrimonio presenta un mapa de actividades por toda Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

31 asociacións adheridas á Rede do Patrimonio realizarán actividades co gallo do Día Mundial do Patrimonio, que se celebra este sábado 16 de novembro. A data, creada pola UNESCO, conmemora o patrimonio cultural como ben da humanidade. As actividades celebraranse ata o 25 de novembro pero un número importante delas celebranse nesta fin de semana. hai conferencias, recollidas de tradición oral, limpeza de xacementos arqueolóxicos e mesmo concursos fotográficos, para diferentes públicos. O mapa de actividades que elaborou a Rede do Patrimonio permite ver onde se realizan accións conmemorativas.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións, Tradición oral, UNESCO, Google

Claves

Entidades