Entidades públicas e asociacións celebran o Día do Patrimonio

Convocan actividades de difusión ao redor do 16 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Unesco declarou o 16 de novembro Día do Patrimonio Mundial. E, para conmemoralo, tanto os centros públicos de memoria de Galicia como as asociacións organizan accións conxuntas para visibilizar a oferta de difusión que se realiza co gallo deste día. Os arquivos, museos e bibliotecas de Galicia ofrecen unha programación conxunta que se pode consultar nun web promovido pola Consello da Cultura Galega, no que participan máis de 30 entidades. Pola súa banda, a Rede do Patrimonio Cultural tamén ofrece numerosas actividades que van desde os roteiros de sendeirismo e visitas guiadas ata conferencias. Nas ligazóns da noticia podes acceder ás programacións.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións, Bibliotecas, Museos, UNESCO...