Os centros de memoria de Galicia celebran xuntos o Día de Patrimonio

Celebraranse ao longo de toda a vindeira semana

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Os centros de memoria de Galicia celebran xuntos o Día de Patrimonio

É a primeira vez que museos, bibliotecas e arquivos de Galicia, públicos e privados, de diferentes localidades galegas, xúntanse para promocionar de maneira conxunta o legado que atesouran nas súas coleccións. E fanno no Día do Patrimonio, unha iniciativa conxunta de 14 entidades que foi presentada hoxe no Consello da Cultura Galega a partir da celebración instituída pola UNESCO. Unha web permite consultar as diferentes iniciativas, presenciais ou dixitais, que todos estes centros deseñaron para que o público coñeza as súas coleccións. Visitas guiadas, xornadas de portas abertas, pezas destacadas, dixitalización de documentos e outras actividades para que os galegos poidamos coñecer os nosos arquivos, museos e bibliotecas.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Museos, UNESCO, Consello da Cultura Galega