As entidades galegas presentan as súas programacións para o Día do Patrimonio

Conferencias, visitas virtuais e mostras de fondos entre as propostas

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
As entidades galegas presentan as súas programacións para o Día do Patrimonio

Achégase o 16 de novembro, o Día do Patrimonio Mundial instituído pola UNESCO, e as diferentes entidades de xestión, preservación e difusión do patrimonio cultural galego presentaron as súas programacións para celebrar a data. Pola súa banda, os centros públicos de memoria, como Arquivos, Museos ou outras institucións públicas, presentaron como xa é habitual a súa iniciativa para visibilizar de maneira conxunta as súas actividades, a través dun sitio web promovido polo Consello da Cultura Galega e agrupadas baixo a etiqueta #diadopatrimonio. Por outra banda, a Rede do Patrimonio Cultural presentou un ciclo de conferencias en liña sobre arqueoloxía e antropoloxía a cargo de Xurxo Ayán, Rafael Quintía e Celtia Rodríguez. Horarios e programa pódense consultar no facebook da Rede do Patrimonio Cultural.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xurxo Ayán, Rafael Quintía, Antropoloxía, Museos...