Roteiros, visitas guiadas, conferencias, concertos, xantares e actividades varias procurarán ao longo da vindeira semana "concienciar da importancia da conservación e promoción do patrimonio". A UNESCO declarou o 16 de novembro como DÃa do Patrimonio Mundial e ese será o eixo central desa semana de celebración. Asà o anunciou hoxe a Rede do Patrimonio Cultural, unha iniciativa xurdida na pasada primavera e que xa reúne preto de 80 entidades sen ánimo de lucro vinculadas ao patrimonio cultural de toda Galicia. Trátase da primeira acción pública desta rede e nela participan xa 25 entidades. Entre estas actividades salientan dez roteiros, oito visitas guiadas, dous xantares populares, dúas charlas, unha xuntanza patrimonial, un programa de radio, un concerto, unha proxección e unha publicación. Toda a información, horarios, lugares e dÃas de actividades pódese consultar na web redepatrimonio.gal, onde tamén hai un mapa interactivo e os carteis con toda e cada unha das accións da RPC.