Promoven a creación dunha Rede do Patrimonio Cultural

A primeira xuntanza será no Museo do Pobo Galego este sábado

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Un grupo de entidades e medios de comunicación vinculados ao patrimonio cultural (Mariña Patrimonio, Gentalha do Pichel, Colectivo A Rula, Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego, Historia de Galicia, Sociedade Antropolóxica Galega, Cultura do País, ADEGA, patrimoniogalego.net) acaban de anunciar a celebración, este sábado 3 de xuño, dunha xuntanza aberta no Museo do Pobo Galego para constituír a Rede do Patrimonio Cultural. Segundo a declaración que figura no seu web: "proponse una ferramenta conxunta de coordinación das asociacións locais/comarcais e outras de ámbito galego para se dirixir ás autoridades, organismos ou entidades pertinentes en prol da salvagarda do noso patrimonio cultural". O mecanismo basearase en "crear sistemas de comunicación horizontal, de libre adhesión, sen xerarquías, aos que se poidan incorporar outras organizacións" e o modo de traballo inicial será a "elaboración de iniciativas decididas pola rede que teñan un claro fin de defensa e/ou posta en valor do patrimonio cultural e que pola súa natureza ou dimensión precisen dunha escala superior á de cada unha das entidades".

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo do Pobo Galego, Asociacións, Natureza, Historia de Galicia...