Onte iniciouse o proceso de creación en aberto de patrimoniogalego.net, unha iniciativa destinada a construír una catálogo colectivo do Patrimonio Cultural Galego. Baseándose en ferramentas de código aberto, os promotores pretenden catalogar os bens arqueolóxicos e culturais do país, enfatizando os aspectos que teñen que ver co estado de conservación e o coidado de cada un destes bens. Á iniciativa xa se sumaron moitos particulares e asociacións locais de defensa do patrimonio.
Os organizadores están a traballar nestes momentos na finalización da ficha de catalogación e ultimando os aspectos do sistema de usuarios. No seu proxecto está que cada cidadán poida rexistrarse como Catalogador e incluír Bens Culturais no catálogo. Asímesmo, calquera usuario poderá valorar o estado de conservación dun Ben Cultural concreto. Os organizadores consideran como especialmente relevante a función de "termómetro" do catálogo, que permita coñecer con facilidade o estado de bens culturais concretos dos que ás veces non trascende información alén dos bens locais.