Cultura forma os eclesiásticos no coidado do Patrimonio

Ourense acolle ata mañá unhas xornadas neste sentido

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Instituto Teolóxico San Martiño, en Ourense, acolle hoxe e mañá as Xornadas de conservación e protección do patrimonio cultural da igrexa católica de Galicia unha iniciativa organizada polo Bispado de Ourense e mais a Consellaría de Cultura. Segundo sinala Cultura, esta iniciativa quere formar os eclesiásticos no coidado do patrimonio ao seu cargo, incidindo especialmente nos pasos a dar á hora de facer obras en igrexas e bens patrimonais. A iniciativa desenvólvense anualmente desde o ano 2001 por todo o país, e entre outras cuestións desta volta aborda a rehabilitación do patrimonio moble ou o patrimonio etnográfico en mans da Igrexa.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, San Martiño

Claves

Conceptos
Lugares