A exposición Luísa Villalta. A música das palabras chega á rede

Galaxia publica a mostra que se pode ver no Concello da Coruña ata o 17 de xuño

28/5/2024 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literaturaDía das Letras Galegas 2024
5 lecturas | Compartido 0 veces

O web MaisGalaxia acolle desde este 27 de maio a versión en rede da exposición Luísa Villalta. A música das palabras. A produción de Merlín Comunicación sobre a autora que protagonizou o Día das Letras desde 2024 pode consultarse íntegra. A versión física da mesma pode verse na sede do Concello da Coruña ata o vindeiro 17 de xuño.
A exposición está composta por 14 paneis que repasan, "mediante textos divulgativos e unha ampla información visual", a traxectoria vital, intelectual e profesional da música e poeta, cun especial interese pola súa relación coa cidade da Coruña.

O proxecto recolle versos da autora e conta con fotografías de Xurxo Lobato. Na súa versión física, este material compleméntase con vitrinas, documentación e obxectos persoais de Villalta.

Universo culturagalega.gal

Contextos