Un calendario dedicado á autora dá inicio ao Ano Luísa Villalta

O Concello de Sada lanza esta publicación que reúne fotografías e textos da homenaxeada no Día das Letras

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:
Un calendario dedicado á autora dá inicio ao Ano Luísa Villalta

Doce fotografías do álbum familiar da autora, acompañadas doutros tantos textos das súas obras, compoñen o calendario en homenaxe a Luísa Villalta que acaba de publicar o Concello de Sada. A proposta, que abre as celebracións arredor da creadora homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2024 conta cunha tiraxe de 1.500 exemplares que se poden recoller de balde no propio concello e na Oficina Municipal de Información Xuvenil.

Segundo sinala a corporación municipal, os textos seleccionados corresponden coas obras Música reservada (1991), Rota ao interior do ollo (1995), Ruído (1995), En Concreto (2004) e Papagaio (2006).

A familia da autora cedeu as fotografías para o proxecto, que contou coa colaboración da Real Academia Galega e do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, que ten a cesión do legado da autora.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luísa Villalta, Concello de Sada, Día das Letras Galegas, Ramón Piñeiro...