O Ciclo Coa Nosa Voz reúne a catro representantes da canción de autora

Polo Teatro Colón pasarán durante o mes de xuño Guadi Galego, Antía Muiño, Uxía e Ugía Pedreira

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
De esquerdfa a dereita: Antía Muíño, Guadi Galego, Ugía, Uxía e a a deputada de cultura da deputación, Natividade González

De esquerdfa a dereita: Antía Muíño, Guadi Galego, Ugía, Uxía e a a deputada de cultura da deputación, Natividade González

O domingo 2 de xuño, e xa cun confirmado cheo total, Guadi Galego abrirá o ciclo Coa Nosa Voz, que cada domingo do mes levará ao Teatro Colón da Coruña a unha artista representativa da 'canción de autora'. A área de cultura da Deputación promove este ciclo que acollerá as actuacións de Guadi Galego, Antía Muiño, Uxía e Ugía Pedreira. As entradas poderán retirarse de balde, na páxina web de ataquilla.com.

Segundo indica a deputación, este ciclo nace para poñer en valor a 'canción de autora', "conscientes da calidade que hai nestes últimos anos, que non se corresponde coa cantidade de espazos que hai para exhibila" sinalou a deputada de cultura, Natividade González. "Queremos visibilizar a canción de autora en galego, celebrar a diversidade, a calidade e o talento de mulleres como elas, que nos enriquecen, nos ensinan e levan a nosa cultura, a nosa lingua e a nosa música por escenarios de todo o mundo". Guadi Galego, que ven de recoller o Premio Martín Códax da categoría de canción de autor/a, xa ten o aforo completado para a primeira cita presentando o seu proxecto 'Síntese Horizonte'. Continuarán o domingo 9, co de Uxía e o seu traballo 'Santa liberdade: un soño compartido'; o día 23, ás 19h, co de A Pedreira e 'Basal', e rematarán o día 30 coa artista máis nova e recente na escena galega, Antía Muíño, e o seu último álbum, 'Carta Aberta'.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guadi Galego, Teatro, Teatro Colón da Coruña, Ataquilla...