O Museo do Mar ofrece oito concertos no ciclo Mar de Cultura

Ugia Pedreira, Guadi Galego, De Vacas, Silvia Penide ou Emilio Rúa forman parte do cartel

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
O Museo do Mar ofrece oito concertos no ciclo Mar de Cultura

Dende hoxe, mércores 2, e ata o vindeiro domingo terá lugar no Museo do Mar de Vigo unha nova edición do ciclo de concertos Mar de Cultura, a cargo maioritariamente de artistas femininas. Oito actuacións conforman este ciclo de asistencia gratuíta pero que precisa reserva previa (a través de correo electrónico e máximo dúas entradas por petición) para o acceso dado ao restrinxidas das capacidades do recinto. Ugia Pedreira abre hoxe ás 18:00 horas o ciclo, mentres que mañá terá lugar a xornada Mar de Mulleres coas actuacións de De Vacas, Guadi Galego e Uxía e Felisa (Leilía), que se transmitirá en liña a través da páxina Facebook do Museo do Mar. Ailá, o venres, as cantautoras Silvia Penide e Carla López o sábado ás 18:00 e finalmente a actuación o domingo de Emilio Rúa como peche, completarán este ciclo que nesta ocasión quedará restrinxido para público da área de Vigo ante as restricións de mobilidade da Xunta de Galicia.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ugia Pedreira, Silvia Penide, Guadi Galego, Emilio Rúa...