A Biblioteca de Ferrol inaugura unha mostra sobre a obra de Benito Vicetto

Súmase ás conmemoracións sobre o segundo centenario do seu nacemento

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
A Biblioteca de Ferrol inaugura unha mostra sobre a obra de Benito Vicetto

A Biblioteca Municipal de Ferrol inaugurou unha mostra sobre Benito Vicetto, o xornalista e escritor que está na base do Rexurdimento cultural e político do país a mediados do século XIX. Vicetto nacera en Ferrol en 1824 e na súa azarosa vida continuou vinculado á cidade departamental a través de publicacións de libros e textos en xornais. Ferrol está volcado coa celebración do centenario desta figura, declarada fillo predilecto da cidade no pasado mes de marzo. Esta exposición será a primeira. En setembro, o centro cultural Gonzalo Torrente Ballester acollerá outra sobre a abundante presenza de Benito Vicetto nas prensas ferrolá e galega do seu tempo.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrol, Gonzalo Torrente Ballester, Rexurdimento, Medios de comunicación