Unha exposición recupera a relación de Torrente Ballester co mar

O domingo cúmprense cen anos do seu nacemento do escritor ferrolá

| Santiago. Redacción | Seccións: EspectáculoExposicións
Compartir:

Unha miopía impediu que Gonzalo Torrente Ballester cumprira o seu soño: ser mariño como o seu pai. E ese desexo marcaría ao escritor tanto na súa obra como na súa propia personalidade. Por iso, para celebrar o centenario do seu nacemento (que terá lugar este domingo) o concello de Ferrol e a Xunta abren unha exposición que recupera esta paixón do escritor. Aberta ata o mes de xuño, estará no Museo de Ferrerías en Ferrol e contará con tres apartados: o primeiro son reproducións de páxinas nas que Torrente falabra sobre a navegación e os barcos; o segundo fondos do Museo de Ferrarías, e terceiro, unha escolma de obra de pintores ferroláns como Bello Piñeiro ou Álvarez de Soutomayor, sobre o mar.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Cine me fecit

Cine me fecit

Un ciclo recupera a faceta cinematográfica de Gonzalo Torrente Ballester

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gonzalo Torrente Ballester, Concello de Ferrol

Claves

Lugares