Co tÃtulo Rexistros no vento. Epistolario de Francisco Fernández del Riego e Ramón Otero Pedrayo a Real Academia Galega acaba de publicar o volume que recolle a correspondencia entre estes dous persoeiros da cultura galega. A investigadora Patricia Arias Chachero correu coa edición e as notas desta obra, que compila máis de 450 documentos e que inclúe un prólogo de Xesús Alonso Montero.
Do volume total de cartas, 347 foron escritas por Otero Pedrayo e o resto corresponden a Del Riego, a cubrir entre todas un perÃodo que vai de 1937 a 1975, seis meses antes do falecemento de Otero.
Segundo lembra a RAG, a continuidade da correspondencia a partir de 1944 permite seguir, a través destes documentos, "a situación da Real Academia Galega, a xestación e realización dos tres tomos da Historia de Galiza que coordina o escritor ourensán, o nacemento e a inxente actividade da editorial Galaxia, os esforzos do exilio interior por se reorganizar e dignificar a lingua galega, o proceso de reposición da cátedra de Otero Pedrayo" ou "a consecución posterior dun posto como profesor da Universidade de Santiago de Compostela".
As misivas entran tamén nos ámbitos máis Ãntimos dos dous persoeiros, con confesións como os pensamentos suicidas de Otero Pedrayo ou o seu pesar logo da morte da nai en 1957.