O Grupo Instrumental Siglo XX, a formación de música contemporánea máis antiga de Galicia, protagoniza baixo a dirección de Florian Vlashi a décimo cuarta edición do Concerto das Letras, co que o Consello da Cultura galega homenaxea cada ano as personalidades homenaxeadas polo Día das Letras Galegas. O Teatro Colón da Coruña albergará o vindeiro 16 de maio, a partir das 20.30 horas, esta actividade que evoca a faceta musical de Luísa Villalta cunha presenza destacada de violíns, instrumento da protagonista da celebración, e cunha selección dos seus compositores favoritos.
A estrea da ópera de cámara Concerto para un home só preséntase como o eixe do concerto. Esta composición, que o coruñés Federico Mosquera baseou na obra hómonima de Villalta, foi a encarga que o Consello da Cultura realizou para a ocasión. Canda a esta, soarán no Colón o Concerto grosso op. 3 nº 11 de Vivaldi, que aparece mencionado de xeito expreso no texto da autora, e mais a estrea absoluta de 𐐒B - Bachian reflex, peza composta por Edmond Buharaja a partir da Partitura nº 2 en re menor de Bach, unha das composicións favoritas da homenaxeada.
Deste xeito, segundo asegurou Florian Vlashi, "o concerto é como unha completa obra de arte de principio a fin" mediante as conexións entre as pezas e destas coa obra literaria da homenaxeada. O propio Vlashi, canda a Carolina Cygan, correrán cos solos na peza de Vivaldi, mentres o baixo-barítono Daniel Mosquera achegará o apartado vocal do Concerto para un home só, obra na que tamén participará o actor Xosé Barato.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, o concelleiro de Fomento e Promoción da Coruña, Gonzalo Castro Pardo, a irmá de Luísa, Susana Villalta, acompañada da súa nai, e mais Florian Vlashi presentaban ao público na mañá deste 25 de abril o programa da actividade nunha rolda de prensa no propio Teatro Colón. A entrada ao recital será libre ata completar a capacidade do teatro, e a actuación poderá seguirse tamén vía web e mais pola segunda canle da TVG.