Dez eventos repartirán os 300.000 euros da recente convocatoria de subvencións a festivais audiovisuais para este ano. A Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) ven de publicar a resolución da convocatoria para esta liña de axudas. Co incremento orzamentario do 33% que supuxo esta convocatoria son en total dez as citas que serán beneficiadas, dúas delas co máximo previsto de 50.000 euros que son o Play-Doc de Tui e a Mostra de Cinema Periférico da Coruña. En total a metade dos festivais acadan os importes solicitados, mentres que a outra metade ven reducida a contÃa pedida. Ademais diso, se ben a convocatoria comprende tres modalidades de festivais en función da entidade que os organiza (asociacións culturas. Entidades locais e empresas privadas) a maiorÃa dos concedidos vai para o asociacionismo, sete das dez, unha para unha empresa privada (Matrioska producciones S.L, polo festival Novos Cinemas de Pontevedra) e dúas para entidades locais: Concello de Carballo (polo Carballo Interplay) e Santiago de Compostela a través do Auditorio de Galicia (CurtocircuÃto) . Na valoración final de solicitudes admitidas quedaron fóra do reparto catro: 46 Semana do Cine de Lugo; XII Festival de Curtametraxes e diversidade Andaina; VI Mostra mares da Fin do Mundo e Mostra de Curtametraxes Vila de Noia, organizada desde o concello noiés. As catro recibiron baixas valoracións do proxecto presentados asà como no apartado de "Calidade da programación, profesionalización e repercusión da convocatoria anterior".