A serie Motel Valkirias, coproducida entre Galicia e Portugal, conseguía este 17 de abril o galardón Prata na categoría de programa de entretemento / drama dos New York Festivals TV & Film Awards. Estes prestixiosos galardóns recoñecen producións audiovisuais de todo o mundo e están organizados por unha agrupación de festivais de diferentes áreas que se desenvolven na cidade estadounidense.
A serie é unha coprodución da firma galega CTV e da portuguesa SPi, coa colaboración da RTP, a TVG e HBO Max. O proxecto foi preseleccionada tamén para os Premios Platino 2024, onde competirá na categoría de mellor miniserie ou teleserie iberoamericana.
O proxecto, dirixido por Álex Sampayo e Jorge Queiroga, conta con oito capítulos de 50 minutos e narra a historia de tres mulleres que se atopan nun hotel na Raia entre Galicia e Portugal e que deben colaborar ante un dramático suceso que muda a súa vida para sempre. A produción está dispoñible en liña no web da CRTVG.