A serie docushow da Televisión de Galicia, en coprodución con Media Services Pro, 'Camiño Portugués pola costa' recibiu este venres pola noite en Vila Nova da Gaia o premio ao mellor documental televisivo no International Tour Film Festival 2016, coñecido como Art & Tur, organizado pola Associação Portuguesa de Turismologia para galardoar as mellores producións audiovisuais que fomentan o turismo. O xurado do festival, composto por 21 profesionais internacionais nos eidos audiovisual e turÃstico, recoñeceu o traballo que este programa realiza a prol do turismo en Portugal e Galicia a través da filmación das paisaxes lusas e galegas. O 'Camiño Portugués pola costa' conta a historia de dous peregrinos interpretados por Fátima Mella e Héctor Carballo que emprenden a súa viaxe cara Compostela dende Oporto coñecendo os atractivos turÃsticos desta ruta en 13 episodios-etapas. A serie emÃtese actualmente na tvG2 os sábados ás 15.00 h. e pódese ver tamén a través da web da CRTVG. Na sección de documentais televisivos competÃa un total de 35 producións de chegadas de todo o mundo.