A serie 'Motel Valkirias' gaña o premio CIRCOM 2023

A producción galego-portuguesa estreouse este ano nas canles públicas de ambos páises e na plataforma HBO

A producción galego-portuguesa estreouse este ano nas canles públicas de ambos páises e na plataforma HBO
A serie de televisión 'Motel valkirias' coproducida pola TVG e máis a canle portuguesa RTP, ven de recoller o Premio CIRCOM 2023 no apartado de entretemento e ficción. Estes premios recoñecen as mellores producións audiovisuais das televisións públicas rexionais europeas. 'Motel Valkirias' é unha coprodución entre as empresas CTV e SPi, de España e Portugal, e conta co apoio da Agadic, Xunta de Galicia, PIC Portugal, Turismo de Portugal e a colaboración da Deputación de Ourense e a Cámara Municipal de Montalegre. A serie é un wéstern fronteirizo protagonizado por María Mera, Marina Mota, Maria João Bastos e o gañador dun Goya Chechu Salgado. Emítese na TVG e na RTP e pode verse actualmente na plataforma de HBO en España e Portugal.