O telefilme Eduardo Barreiros gaña o Festival WorldFest de Houston

A serie Matalobos acada o premio das televisións rexionais europeas á mellor ficción

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Fotograma da película.

Fotograma da película.

Eduardo Barreiros, o Henry Ford español, acadou o Premio Platino á mellor película para televisión na 45ª edición do Festival Internacional de Cine Independente WorldFest de Houston. A película foi seleccionada entre producións de 37 países e automaticamente accede á selección oficial do Festival de Seúl. A película está producida por Continental Producciones e Salero Films coa participación da TVG entre outras cadeas. Por outra banda, a serie Matalobos, producida por Voz TV para a Televisión de Galicia, recibiu o premio Circom á mellor ficción de televisión, que outorga a organización europea de televisións públicas rexionais.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barreiros, Cine, TVG, Televisión de Galicia...