Rematan as historias do clan Matalobos tras cinco temporadas de emisión

Recibiu numerosos premios e chegou a ter cotas de audiencia dun 21%

15/1/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Cotas de share do 21% e unha audiencia media de 175.000 espectadores, Matalobos , a serie de Voz Audiovisual que conta a historia dun clan de narcotraficantes, despídese esta noite da pantalla da TVG. Faino con Non volvas a vista atrás un capítulo que pon fin a cinco temporadas e numerosos premios: Mestre Mateo á mellor serie de televisión en varios anos (2009, 2010 e 2011) ou Premio Circom (2012) á mellor ficción televisiva que concede a organización europea de televisións públicas rexionais.

Aproveitando a boa audiencia da serie, a TVG emitirá ao seu remate (23:20 horas) un programa especial que rememorará os inicios e evolución das personaxes que compoñen o clan Matalobos.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TVG, Voz Audiovisual, Medios de comunicación

Claves

Entidades