A estrea da serie de ficción "A vida por diante" de TVG obtivo un 23.6% de share

O público por diante

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A serie que relata a historia de cinco mulleres despois do naufraxio que acaba coa vida dos seus homes foi un éxito de audiencia. A estrea da serie “A vida por diante” foi seguida por 257.000 espectadores e obtivo un 23.6% de share, que a situou por riba da oferta da competencia. Seguindo coa TVG, o ente público anunciou que muda as súas frecuencias de emisión da TDT (televisión dixital terrestre). O cambio aféctalle primeiro ás provincias de Ourense e Lugo que terán que resintonizar as televisións o día 12 de xaneiro. As novas canles serán a 62 para Ourense e a 59 para Lugo, no lugar da canle 63 actual.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TVG, Ourense, Lugo, TDT...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares