As provincias da Coruña e Ourense comezan o apagón analóxico

A Xunta reforzou o servizo de atención telefónica no 012 e no 981 572 154

15/1/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O vindeiro luns chega a Televisión Dixital Terrestre a Galicia de xeito definitivo. O día 18 producirase o apagón analóxico de dúas fases que afectará a concellos das provincias da Coruña e Ourense, aínda que tamén a algúns municipios das provincias de Lugo e Pontevedra. Os seguintes apagóns terán lugar de xeito progresivo ata o día 1 de febreiro. O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, explicou hoxe nunha rolda de prensa o traballo desenvolvido polo Executivo no cambio de tecnoloxía, ao tempo que reforzou o servizo de atención telefónica (no 012 e no 981 572 154) para atender ás consultas sobre o proceso.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Tecnoloxía, Lugo, Pontevedra

Claves

Conceptos