O apagón analóxico comezará en Galicia en xaneiro de 2010

Alfonso Cabaleiro xustifica o atraso na fala de organización do anterior goberno

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Seis meses despois do previsto, a Televisión Dixital Terrestre chegará a Galicia. O novo goberno ten previsto que o apagón analóxico comece en xaneiro de 2010 e se desenvolva ata o 3 de abril. Será entón cando se produza o cese das emisións analóxicas. Así o confirmou Alfonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios da Xunta, no marco dunhas xornadas organizadas pola Asociación para o Progreso da Dirección. Nela Cabaleiro afirmou que durante o bipartito “houbo falta de planificación, previsión orzamentaria, atraso nas licitacións e nas contratacións” que xustifican o atraso no cumprimento dos prazos previstos. Ademais, apuntou que traballarán para que a Axencia Española do Espectro Radioeléctrico estea en Galicia.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)