A Fonsagrada adiántase ao apagón analóxico este sábado

Contra atrás

3/4/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O sábado día 5 de abril é unha data que o concello da Fonsagrada tardará en esquecer. É o día no que ten previsto que se produza o temido “apagón analóxico”, ou o que é o mesmo, que comecen as emisións en dixital (a famosa TDT) neste municipio. Fai parte dun proxecto piloto posto en marcha pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual que escolleu a Fonsagrada polas súas características (localización, dispersión…) que a facía especialmente indicada para testar o proceso de conversión da televisión analóxica á dixital. Co inicio das emisións comeza o proceso de migración cara o novo sistema que ten previsto rematar no 2010.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fonsagrada, TDT, Comunicación Audiovisual

Claves

Lugares