A data límite do apagón analóxico terá lugar en abril do 2010

A falta de cobertura adiou os prazos previstos para a implatanción da TDT

20/5/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Sábado, 3 de abril de 2010. Esta é a data límite para o cesamento das emisións da televisión en analóxico. É a mesma desde que se leva falando da famosa Televisión Dixital Terrestre (TDT), aínda que a Xunta establecera un calendario no que se planificou un apagamento gradual das emisións analóxicas que comezou na Fonsagrada a finais de 2008 no marco dun proxecto piloto. Pero o cambio do goberno en San Caetano, cos atrasos que supuxo na toma de decisións, a falta de cobertura e un baixo nivel de peneatración da TDT fixo adiar todas as previsións. Agora, o Ministerio de Industria confirma que haberá permisividade cos retrasos marcados polo goberno galego, pero será inflexible coa data definitiva do apagón do 2010.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TDT, Goberno Galego, Fonsagrada, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)