En plena Semana Santa, 76 concellos da provincia de Pontevedra e Lugo serán os últimos en incorporarse ao plan de encendido dixital que comezou no 2008 coa experiencia piloto da Fonsagrada. En total, serán un millón de galegos os que pasen polo último tramo que inaugura unha nova etapa na historia da televisión. O 3 de abril é o dÃa fixado polo goberno central para o cese das emisións analóxicas polo que a SecretarÃa Xeral de Medios da Xunta leva meses desenvolvendo un programa de desconexión e información co fin de chegar ao 100% da cobertura co novo sistema.